Benvido, benvida a este museo de arte sacra!
Un museo que, aínda que che ensinará historia, non necesariamente será para falarche dun pasado. Moitas das súas pezas compartiranche o seu sentido, a súa utilidade e os seus avatares para iniciar un diálogo actual.
Non son obxectos que nacesen para seren simplemente admirados, aínda que algúns fosen fermosamente tallados, pintados ou cincelados.
O seu destino é axudar ao encontro con Deus mediante o culto, a oración e a adoración. Convidámoste a entrar, a participar dunha parte importante da nosa vida, a deterte e a contemplar.
