¡Detente, visitante!
Pode que non te chame a atención a miña aparencia, unha peza marmórea sen grandes relevos…Porén, a miña historia é moi antiga, e a orixe da cidade de Santiago formouse case arredorde min.
Fun extraída dunha canteira e o meu primeiro uso foi de tipo funerario. Fun unha lousa dun cemiterio precristián situado aquí. Mais cando se descubriu o sepulcro do Apóstolo no ano 813, fun tomada de novo e destinada a ser nada menos que o altar primitivo (“ara” significa “altar”) da primeira Basílica e casa do señor Santiago.
Pénsase que a Pedra Alta que me acompaña era a base sobre a que me apoiaba e que catro esveltas columnas románicas (unha perdida e tres agora diseminadas: dúas no Museo Arqueolóxico Nacional e outra nos Estados Unidos), con tres apóstolos tallados en cada unha, sostiñan os meus catro ángulos… De todo isto poderás ler moito e ben 1* , mais non esquezas que, ante todo, son un altar, e cando os monxes se separaron da Catedral e esta foi ampliada, fun doada á comunidade monástica onde permanezo desde entón, aínda coa mudanza a comunidade monxas; e estando incrustada no altar do retablo maior da igrexa barroca deste mosteiro, fun lugar no que Cristo se fixo presente na Eucaristía.
Venera esta Ara e que o Señor te bendiga.
Nota 1*: Recomendamos ler o seguinte artigo interactivo: https://www.arsrituum.digital/espacios/altar-sacrificio
