Skip to content Skip to footer

Á primeira vista, dubido que me identifiques cun pelícano… vai ser que quen me cincelou nunca vira un, e a miña forma lembra máis a unha aguia… Porén, o certo é que o que a miña figura desexa evocar é o xesto amoroso e de preservación da especie que realiza a femia do pelícano para alimentar as súas crías (que tamén podes ver aos meus pés). E que fai? Fere o seu propio peito para alimentalas co seu sangue. Unha fermosa alegoría da entrega eucarística do noso Señor Xesucristo, que nos alimenta co seu Corpo e o seu Sangue!
Ademais, son un “ostensorio”, é dicir, fun creado para “mostrar” (iso significa esa palabra en latín), para “expoñer” o Santísimo Corpo do Señor para a súa adoración.
Para isto nacín. E… pódoche confiar un segredo? Bótoo un pouco de menos…

San Paio de Antealtares © 2026. Todos los derechos reservados.