Un museo que, aínda que che ensinará historia, non necesariamente será para falarche dun
pasado. Moitas das súas pezas compartiranche o seu sentido, a súa utilidade e os seus
avatares para iniciar un diálogo actual.
Non son obxectos que nacesen para seren simplemente admirados, aínda que algúns fosen
fermosamente tallados, pintados ou cincelados. O seu destino é axudar ao encontro con
Deus mediante o culto, a oración e a adoración.
Convidámoste a entrar, a participar dunha parte importante da nosa vida, a deterte e a
contemplar.
